Dietética e nutrición en Vilanova e Caldas

Fátima Blanco Dietista é unha profesional autónoma da dietética e da nutrición dende o ano 2015, dedicada á educación nutricional e á realización de dietas adaptadas a diversas patoloxías como sobrepeso, obesidade, problemas dixestivos ou hipertensión arterial, entre outras.

Saber máis

Calidade

Tódolos servizos presentan a máxima calidade, recibirás un trato próximo e profesional.

Asesoramento

Serás asesorado de maneira personalizada e individual, atendendo as túas necesidades.

Educación nutricional

Desde os nosos centros en Vilanova e Caldas ensinámosche a mellor maneira para comer.

Dietas adaptadas

Estudamos o teu caso e elaboramos unha dieta adaptada a ti, para axudarche a coidar a túa saúde.

Experiencia previa

Despois de sufrir unha enfermidade vírica, o meu intestino cambiou, non se sabe se polo virus ou polo tratamento antibiótico que tiven que tomar debido a unha infección secundaria á enfermidade. Comecei a non facer ben as dixestións, todo me sentaba mal, aumentáronme as intolerancias alimentarias e descubríronme unha alerxia a moluscos, cefalópodos e crustáceos, ata o momento inapreciable (non tiña sintomatoloxía, non me facían dano). O único que mantiña o meu aparato dixestivo sen molestias era controlar ben a dieta. Estaba desnutrida e non podía comer o que me gustaba, porque se o facía, ás horas ou aos poucos minutos, tiña uns cólicos extremadamente fortes, seguidos dunha gastroenterite.

Tiven que cambiar. Tiven que coidar a miña mucosa intestinal, comendo o que me sentaba ben e deixando o que me sentaba mal. Facer dieta sa, variada e equilibrada salvoume a vida. Física e psicoloxicamente. É moi duro comer con medo e pensar que o teu xa non ten solución, que estás enferma e non hai cura. Nunha endoscopia para o descarte da enfermidade celíaca descubriuse que o meu epitelio intestinal estaba case plano, atrofiado, as vilosidades moi curtas, co cal tiña a capacidade de absorción moi reducida.

Así que empecei a documentarme sobre a importancia de manter un aparato dixestivo san, de como debía comer para recuperar a miña mucosa intestinal. E logreino, pola miña conta, porque non houbo ninguén que me explicase por que uns alimentos me sentaban ben e outros non. Supoño que a parte de todos os especialistas que visitei, tería que ver a un profesional da dietética. E fíxenme dietista. A miña vocación é a nutrición, e o meu obxectivo é axudar a aquelas persoas que teñan calquera problema relacionado coa dieta. Mantendo unha dieta equilibrada, variada e axustada e facendo exercicio adecuado gáñase moita saúde e calidade de vida, e está nas nosas mans modificalo.

dieta sana

“Non se fai dieta un tempo, cámbiase a dieta para sempre”

O cambio de hábitos é o único que funciona a longo prazo, tanto para tratar o sobrepeso e a obesidade, coma se queremos controlar un intestino irritable, o colesterol, o ácido úrico ou a diabetes. En Fátima Blanco Dietista axudamos a mellorar todos eses hábitos que afectan á alimentación de forma progresiva e paulatina, con pautas e plans dietéticos que só requiren vontade de cambio. Pide a túa cita previa e comeza o cambio na túa alimentación, esperámoste!

Ofrecemos os nosos servizos para todo o Salnés

  • Vilagarcía de Arousa
  • Vilanova de Arousa
  • Cambados
  • Ribadumia
  • O Grove
  • Sanxenxo
  • Illa de Arousa
  • Meaño
  • Meis
mapa

Enlaces de interese

Buscas unha dietista en Vilagarcía? Chámanos!

Buscas unha dietista en Vilagarcía? Chámanos!

Tamén ofrecemos servizos de nutrición e dietas adaptadas no Centro Médico Galea, unha tarde á semana baixo cita previa.

Se ese día non che vai ben, podes vir visitarnos ás nosas consultas de dietética e nutrición en Vilanova ou Caldas. Ponte en contacto connosco e informarémosche de todas as nosas especialidades.

Ponte en contacto con Fátima Blanco Dietista

Fátima Blanco Dietista, ofrece dietas adaptadas a diversas patoloxías como sobrepeso, obesidade, problemas dixestivos, hipertensión... Non dubides en visitala.

Contactar