Dietas personalizadas en Vilagarcía, Vilanova e Caldas

Fátima Blanco Pomares é unha profesional autónoma da dietética e da nutrición dende o ano 2015, especializada na realización de dietas personalizadas para diversas patoloxías:

  • Sobrepeso
  • Obesidade
  • Problemas dixestivos
  • Hipertensión
  • Educación nutricional
  • Nutrición infantil

Experiencia previa

Despois de sufrir unha enfermidade vírica, o meu intestino cambiou, non se sabe se polo virus ou polo tratamento antibiótico que tiven que tomar debido a unha infección secundaria á enfermidade.

Comecei a non facer ben as dixestións, todo me sentaba mal, aumentáronme as intolerancias alimentarias e descubríronme unha alerxia a moluscos, cefalópodos e crustáceos, ata o momento inapreciable. O único que mantiña o meu aparato dixestivo sen molestias era controlar ben a dieta. Estaba desnutrida e non podía comer o que me gustaba, porque se o facía, ás horas ou aos poucos minutos, tiña uns cólicos extremadamente fortes, seguidos dunha gastroenterite.

Tiven que cambiar. Tiven que coidar a miña mucosa intestinal, comendo o que me sentaba ben e deixando o que me sentaba mal. Facer dieta sa, variada e equilibrada salvoume a vida. Física e psicoloxicamente.

É moi duro comer con medo e pensar que o teu xa non ten solución, que estás enferma e non hai cura. Nunha endoscopia para o descarte da enfermidade celíaca descubriuse que o meu epitelio intestinal estaba case plano, atrofiado, as vilosidades moi curtas, co cal tiña a capacidade de absorción moi reducida.

Así que empecei a documentarme sobre a importancia de manter un aparato dixestivo san, de como debía comer para recuperar a miña mucosa intestinal. E logreino, pola miña conta, porque non houbo ninguén que me explicase por qué uns alimentos me sentaban ben e outros non. Supoño que á parte de todos os especialistas que visitei, tería que ver a un profesional da dietética.

E fíxenme dietista. A miña vocación é a nutrición, e o meu obxectivo é axudar a aquelas persoas que teñan calquera problema que estea relacionado coa dieta. Mantendo unha dieta equilibrada, variada e axustada e facendo exercicio adecuado gáñase moita saúde e calidade de vida, e está nas nosas mans modificalo.

“Non se fai dieta un tempo, cámbiase a dieta para sempre”

O cambio de hábitos é o único que funciona a longo prazo, tanto para tratar o sobrepeso e a obesidade, coma se queremos controlar un intestino irritable, o colesterol, o ácido úrico ou a diabetes.

En Fátima Blanco Dietista axudamos a mellorar todos eses hábitos que afectan á alimentación de forma progresiva e paulatina, con pautas e plans dietéticos que só necesitan vontade de cambio.

Pide a túa cita previa e comeza un cambio na túa alimentación, ¡esperámoste!

Enlaces de interese

  • Logotipo de GUT
  • Logotipo de Aecosan
  • Logotipo de Face
  • Logotipo de AEP
  • Logotipo de AECC
Fátima Blanco Dietista

Ponte en contacto con Fátima Blanco

Fátima Blanco Dietista ofrece dietas personalizadas para diversas patoloxías como sobrepeso, obesidade, problemas dixestivos, hipertensión... Non dudes en visitala.